A Barra
É moi dificil evitar pasar por diante da barra
do Zavood, xa que se atopa a poucos pasos da
entrada principal. A barra atópase rodeada de altas
e coloridos taburetes. Este é o lugar a procurar se
queres tomarte uma birra
ou cicais um whisky escocés.
Os prezos no
Zavood tenden a se-los máis baixos dos locais da
zona, ¡e nim falar do das discotecas...! A xente
trá-la barra atopase a túa disposición e
fará o posibel pra satisface-las túas necesidades; xa sexa
que queiras pedi-las túas cancións preferidas da nossa
selección de máis dum centenar de CDs ou xogar ó billar.
Coma todos sabemos e dende épocas
inmemoriais, os seres humáns sempre tenhem tido a
necesidade de comunicarse entre eles. Pra axudar-los
nosos clientes a satisface-lo seu desexo, Zavood ten a vosa disposición
un teléfono público de Eesti Telefon ( a telefonía
local). As tarxetas necesarias pra utilizalo tamén
están á venda na caixa. Este maravilloso aparato
disminuiu notablemente o uso do teléfono do Zavood (
441-321) e incrementou a probabilidade de comunicarse co Zavood.
De calquer xeito, é posibel pedirlhe
os empregados que te chamen um taxi libre de cargo.
Case todos atopan a súa bebida preferida nos amplos estantes do Zavood.
A selección de comidas
varía um pouco según a tempada, máis case
a cotío tes algo para picar é acompaña-la tua birra ( por
ex. patatilhas, pelmeenis). A nossa variedade de bebidas
quentes ( caldos, a nossa selección de tes e
o nosso maravilhoso café) convertese no mais
popular coa chegada do outono e o inverno.
Asemade da mencionada entrada, ha um
par de caminhos máis alonxándose da barra: o aseo
e un pequeno corredor que che leva a Sá II .
|